EM1
O traballo do grupo céntrase na consolidación da actividade investigadora no marco da enxeñería térmica e enerxética, converténdose nun referente en España e contribuíndo ao desenvolvemento técnico e científico de Galicia con aplicacións ás enerxías renovables, a industria e a eficiencia enerxética na edificación.
Liñas de investigación
- Enerxías Renovables: Biomasa, Biocombustibles, Almacenamento de enerxía, Aproveitamento sinérxico de diferentes fontes de enerxía, Modelización de sistemas complexos, Recuperación de enerxía residual.
- Eficiencia enerxética: Optimización de procesos, desenvolvemento de plantas piloto, simulación CFD, Machine learning.
- Industria: Simulación CFD, Procesos de transferencia de fluxo, calor e masa, Redución de emisións, Motores de combustión interna, Refrixeración electrónica, Aerodinámica de vehículos terrestres.
- Enxeñería Biomédica: Simulación de biofluídos, Desenvolvemento de dispositivos biomédicos, Modelado de procesos biomédicos, Ensaios In- silico, Experimentos in vitro, Calidade Ambiental Interior (Aire, iluminación, ruído).
- Edificación: Xemelgos dixitais de edificios. Simulación enerxética de edificios. Construción de identificación e prognóstico do comportamento do usuario, prognóstico meteorolóxico, IoT, Machine Learning e Deep Learning, Lean Construction.
- Motorsport: Rendemento de motores de carreiras, desenvolvemento de combustibles e aceites lubricantes para motores de carreiras.
IPS
- Enrique Granada Álvarez (Edificación, Enxeñería biomédica).
- María Concepción Paz Penín (Industria, CFD, Emisións, Enxeñería biomédica).
- Jacobo Porteiro Fresco (Combustión, Biomasa, Enerxía renovable, CFD, Motores de combustión interna, Emisións).
- Pablo Eguía Oller (Edificación, Enxeñería biomédica).
- David Patiño Vilas (Combustión, Biomasa, Enerxías renovables, Experimental)