Liñas de investigación

  • Sustentabibilidade de solos e augas
  • Captura de CO2
  • Industria circular
  • Xeoenxeñaría, enxeñaría medioambiental e resiliencia
  • Conservación do patrimonio

 
A área de sustentabilidade e recursos naturais de CINTECX ocúpase de proporcionar coñecementos e instrumentos que contribúan a unha xestión e protección dos recursos naturais a fin de lograr un equilibrio sostible entre a súa dispoñibilidade e as necesidades actuais e futuras da sociedade e a economía, obter o máximo valor dos biorresiduos e subproductos, por medio de procesos novos e eficientes, así como da aplicación de tecnoloxías innovadoras á conservación do patrimonio.

Traballamos no aproveitamento sostible de recursos minerais e enerxéticos, a utilización de modelización para o control da calidade de auga e de aire utilizando técnicas matemáticas avanzadas como machine learning ou como análises funcionais. Igualmente, na conservación do patrimonio cultural tanxible e, principalmente, o que sería a redución do consumo e a reciclaxe de materiais.

Dentro dos problemas asociados ao sector forestal, as nosas actividades céntranse na análise da sensibilidade dos bosques ante o risco de incendios forestais. Traballamos no ámbito da ecoinnovación, enerxías renovables, xestión de recursos naturais e tamén de residuos por unha banda reducir o impacto negativo ambiental deses residuos e conseguir, dalgunha maneira, introducilo dentro da cadea produtiva e con iso mellorar o rendemento dos procesos ao mesmo tempo que se reduce un problema ambiental.

Traballamos no ámbito dos biosulfatantes, tratando de que sexan máis biocompatibles, máis biodegradables e ademais conseguindo que teñan capacidades adicionais como a súa capacidade antimicrobiana e a súa capacidade de permitir a permeación de compostos activos a través da pel. Na liña dos bioabsorbentes traballamos no aproveitamento de residuos sólidos de natureza orgánica, para a obtención dun material parecido ao carbón activo, que sexa susceptible de ser utilizado no tratamento de augas.

 

Obxectivos de desenvolvemento sostible