
81
INVESTIGADORES
UVIGO

19
INVESTIGADORES
CONTRATADOS

35%
MULLERES

4.3 M€
FONDOS
CAPTADOS

171
Publicacións
JCR

97
Publicacións
Q1 (JCR)
Produción científica
O número de artigos publicados en revistas científicas de alto impacto, indexadas na base de datos Journal Citation Reports (JCR), de Web Of Science (WOS), mantívose por riba de 140 anuais dende a súa creación, acadando en 2021 as 171 publicacións indexadas en JCR.
Financiamento
Cintecx destaca pola súa capacidade de captación de fondos procedentes das convocatorias de proxectos de investigación nacionais e internacionais así coma de colaboracións con empresas.
Ademais, os grupos de investigación adscritos a Cintecx reciben financiamento estrutural estable, ao estar recoñecidos pola Xunta de Galicia como GRC (Grupos de Referencia Competitiva), ou GPC (Grupos de Potencial Crecemento).

Persoal

O maior activo do centro é sen dúbida o seu persoal investigador. O centro está formado por preto de 200 persoas, das que máis do 55% posúe o título de doutor.
A composición do persoal de investigadores amosa un centro novo, con capacidade de retención de talento e cunha porcentaxe de investigadoras superior aos estándares actuais do ámbito tecnolóxico.
Obxectivos de desenvolvemento sostible











