Os Centros de Investigación son instrumentos da Universidade de Vigo para a organización e execución da súa axenda de investigación.

O Centro de Investigación de Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais agrupa Grupos de Investigación multidisciplinarios en campos relacionados coa 4ª Revolución Industrial e goza dos beneficios dunha Escola de Enxeñería centenaria (única na rexión). CINTECX capitaliza a súa privilexiada situación xeográfica dentro de Galicia, verdadeiro motor económico industrial para a rexión e para o país.

 

Visión

A visión investigadora de Cintecx é ser actor global de I+D na 4ª revolución industrial,  xerando coñecemento a través da investigación básica e aplicada e transformando este coñecemento en solucións tecnolóxicas que contribúan a incrementar a competitividade da industria rexional.

Misión

A misión do Centro é xerar e difundir coñecemento científico e transferir innovación no ámbito da enerxía, tecnoloxías e procesos industriais.

 

Valores

  • Confianza
  • Compromiso
  • Eficiencia
  • Excelencia
  • Liberdade
  • Sustentabilidade
  • Equidade