
Un dos obxectivos de Cintecx é a transferencia tecnolóxica ao tecido industrial. Unha das probas do compromiso con esta finalidade é o número de empresas promovidas por parte do persoal investigador do Cintecx, transferindo o noso coñecemento á sociedade. Nos últimos anos, creáronse as seguintes spin- offs.
Aguas de Rodas
Caracterización e recollida de auga mariña profunda da contorna do Parque Nacional Illas Atlánticas para diversos usos de consumo humano.
Energio Advance
Desenvolvemento de tecnoloxía e de produtos de enxeñería no ámbito da eficiencia enerxética, así como a realización de tarefas de asesoramento científico e asistencia técnica.
Ingeniería InSitu
Empresa de base tecnolóxica (EBT) orientada á enxeñería e a arquitectura dende o 2008.
Nsilica Simulation Technologies S.L.
Nsilica Simulation Technologies S.L. é unha startup tecnolóxica fundada en 2024 como spin-off da Universidade de Vigo, especializada en biomecánica, enxeñería biomédica e simulación numérica. Desenvolve solucións innovadoras en próteses, sensores e software para análise do movemento humano, con aplicacións en saúde, deporte e industria.
P3F Research
Dedicada principalmente á análise, desenvolvemento e implantación de solucións que proporcionen uns sistemas ou procesos de enxeñería máis eficientes, mediante un amplo abanico de produtos e servizos. Entre eles están a investigación, desenvolvemento, deseño, fabricación e comercialización de produtos e sistemas.
VoltAI Innovations
É unha empresa tecnolóxica fundada en 2024 como spin-off da Universidade de Vigo, especializada en enerxía, eficiencia industrial e tecnoloxías sostibles. Desenvolve solucións innovadoras que integran intelixencia artificial e enerxías renovables para optimizar o consumo e a produción enerxética en empresas e institucións.
