Electr Fabric Energ Trans Biomed Sosten inve calid Admin Comun dir cca cci igualdad ComiteAseCienti Comitejecutivo Comisionrectora

 

Dirección


 

Comités


 

Manuel Andrés Rodrigo Rodrigo
Universidad de Castilla-La Mancha

 

Graduado con honores en Química Industrial pola Universidade de Valencia en 1993. Doutorado en Enxeñaría Química 1997. No 1999 realiza unha actividade posdoutoral en Suiza, e centra as súas liñas de investigación en células de combustible de alta temperatura. Desde 2009 lidera un equipo de investigación en electroquímica, enerxía e medio ambiente. Pertence ó consello editorial de tres revistas WoS. No 2020 recibe o premio á traxectoria do grupo de Enxeñaría Química pola Real Sociedade Española de Química.

Carlos Luis Molpeceres Álvarez
Universidad Politécnica de Madrid

En 1991 serviu no Exército Español no laboratorio de óptica do centro de investigación e desenvolvemento da armada. Realizou estancias en centros estranxeiros en Francia e Alemaña. Investigador en CIEMAT en técnicas ópticas en 1993. Desde 1998 foi director do Centro Láser UPM ata 2011, centro que dirixe actualmente. A súa actividade investigadora céntrase no desenvolvemento de novos micro e nanoprocesamentos láser, en enerxía, biotecnoloxía e oncoloxía.

Leopoldo García Franquelo
Universidad de Sevilla

Licenciado en enxeñaría eléctrica no 1977 pola universidade de Sevilla, onde obtivo o doutoramento en 1980. Catedrático de universidade dende 1986. Director de departamento de Enxeñaría Electrónica dende 1998 ata 2005. Lidera un equipo de investigación galardoado pola Junta de Andalucía. Recibiu o Premio Andaluz de I+D en 2009. Profesor distinguido dende o 2006 na sociedade de Electrónica Industrial. Membro Sénior de AdCom dende 2008.

Salvador Ivorra Chorro
Universidad de Alicante

Doutor en Enxeñaría Industrial Mecánica. Vicerreitor de Infraestruturas, Sostibilidade e Seguridade Laboral da Universidade de Alacante. Profesor titular de Mecánica do continuo e teoría de estruturas do departamento de enxeñaría civil da Universidade de Alacante. Coordinador do grupo de investigación GRESMES. A súa liña de investigación céntrase no comportamento dinámico de estruturas e reforzo estrutural. Foi director de Enxeñaría Civil da Universidade de Alacante e coordinador da área de Enxeñaría Civil da Axencia Estatal de Investigacións.


 

María del Pilar Dorado Pérez
Universidad de Córdoba

Doutorada en Enxeñaría Agrícola pola Univesidade de Córdoba. Catedrática de universidad en 2012. Vicerreitora da Universidade de Córdoba de 2010 a 2012. Lidera o grupo de investigación BIOSHAE dende 2002. A súa liña de investigación céntrase na aplicación de enxeñaría de procesos a combustibles alternativos renovables e eficiencia enerxética, especialmente en tecnoloxías de biorefinería, biocombustibles de segunda xeración. Recibiu a Medalla de ouro ao mérito profesional con distintivo vermello no 2018.

Rui L. Reis
Universidade do Minho

Doutoramento en Enxeñaría Química pola Universidade de Oporto en 1994. Vicepresidente da Universidade de Oporto dende 2009. A súa liña de investigación céntrase na enxeñería de tecidos e medicina rexenerativa. É fundador e director do grupo de investigación 3B’s Research Group en Biomateriais, Biodegradables e Biomiméticos. Editor xefe da revista Materials Science and Engeneering. Recibiu o título de Doutor Honoris Causa pola Universidade de Mons, Bélxica.

Alba Diéguez Alonso
Technische Universitat Dormund

Doutoramento en Enxeñaría na Facultade III de Ciencias de Procesos da Universidade Técnica de Berlín. Foi profesora junior no Instituto de Dinámica de Fluídos e Termodinámica da Universidade Otto von Guericke de Magdeburgo, onde a súa liña de investigación céntrase na conversión termoquímica de biomasa e plásticos. No seu papel acual en Technische Universitat Dormund continúa destacándose no desenvolvemento e a optimización de procesos de conversión termoquímica y termocatalítica. O seu traballo non só aborda os desafíos actuais na conversión de recursos naturais, senón que tamén impulsa a innovación cara un futuro máis sostible.

 

Juan Mª Pou Saracho
Grupo Aplicacións Industriais dos Láseres

Jesús Doval Gandoy
Grupo Tecnoloxía Electrónica de Potencia Aplicada

Ángel Fernández Vilán
Grupo CIMA

Enrique Casarejos Ruiz
Grupo Deseño e Simulación Numérica en Enx. Mecánica

 

Xosé Ramón Nóvoa Rodríguez
Grupo Enxeñería da Corrosión e Materiais

José Manuel Cruz Freire
Grupo Enxeñería Química 10

Javier Taboada castro
Grupo Xestión Segura e Sostible de Recursos Minerais

José Luis Míguez Tabarés
Grupo de Tecnoloxía Enerxética

 

Pío M. González Fernández
Grupo Novos

Henrique R. Lorenzo Cimadevila
Grupo Xeotecnoloxías Aplicadas

David Robledo Sáenz
Director de Innovación.
Grupo Coren

Director do Departamento de I+D+i do grupo COREN. Como director de innovación, contribúe ao desenvolvemento da industria agroalimentaria mediante a dixitalización e tecnoloxías da Industria 4.0. Responsable de coordinación de Retos Industria 4.0 de Galicia Open Future.

José Luis Blanco Diéguez
Conselleiro delegado.
Nordex

Enxeñeiro Industrial pola Universidade de Vigo. Ampla experiencia no campo da enerxía eólica, desenvolveuse en Gamesa dende os anos noventa ata o 2012 onde se incorpora a Acciona. Desde 2017 asume o cargo de CEO de Nordex, fabricante alemán xestionado por Acciona. En 2020 recibe o premio ao mellor CEO de Alemania do Instituto de Investigación Financieira Obermatt.

Enrique Mallón Otero
Secretario Xeral.
ASIME

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Secretario xeral de ASIME. Secretario do Consello de Administración do Centro de Reparacións Navais de Vigo. Secretario xeral da asociación de Empresarios dos Vales Ulla-Umia. Secretario dos consellos de administración de Sercometal e de ASIME Business Center. Ademais é o presidente do consorcio Aeronáutico Galego, da Federación de Usuarios do Porto de Vigo, e xerente do clúster do metal de Galicia.


 

Patricia Moreira Cortés
Presidenta.
Cluster de Automoción y Movilidad de Galicia

Enxeñeira Técnica Industrial na especialidade de Mecánica pola Univesridade de Vigo en 1997. Directora de ZF Group na planta de Porriño e Vila Nova de Cerveira. Directora do clúster de Automoción e Mobilidade de Galicia, con acreditación Gold Label.

Sabela Pardo Rodríguez
Directora Área Programas.
Axencia Galega de Innovación

Licenciada en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Obtivo un mestrado en Comercio Internacional pola Universidade de Vigo, un mestrado en Administración de Recursos Humanos pola IOE Business School, e un mestrado en Planificación Urbana pola Universidade Carlos III de Madrid. Exerceu como profesional legal de 2005 a 2021, ano no que asumiu o cargo de Directora de Área de Programas de Innovación na Axencia Galega de Innovación (GAIN).

Cristina Isabel Martínez Castañeda
Cibersecurity & Facilities manager.
Stellantis

Ingeniera Industrial Mecánica por la Universidad Politécnica de Madrid, y proyecto de fin de carrera en la Universidad Tecnológica de Delft, Holanda. Desde 2005 trabaja en la fábrica de Stellantis, Vigo. En sus comienzos desarrolló su actividad en el área de ferraje (chapa) como Responsable del Mantenimiento en un turno de las líneas de producción, pasando posteriormente a participar en el desarrollo de los proyectos C4 picasso y Citroen Berlingo. Tras 13 años en este sector, realiza el cambio al área de pintura, adquiriendo la responsabilidad del dimensionamiento del preventivo del área y gestión de las inversiones en mantenimiento. Finalmente en 2019 asume la responsabilidad de la ciberseguridad OT de la fábrica, que desde hace 1 año complementa como Responsable del Mantenimiento de las Instalaciones Generales de la planta de Stellantis Vigo.

Mª Ángeles Sanromán Braga
Catedrática de Universidade.
Directora de CINTECX

María Concepción Paz Penín
Catedrática de Universidade.
Investigadora CINTECX

Mª Carmen Pérez Pérez
Catedrática de universidade.
Investigadora CINTECX

Mª Teresa Rivas Brea
Profesora titular de Universidade.
Investigadora CINTECX

 

Emilio Rosales Villanueva
Contratado posdoutoral. Investigador CINTECX

Águeda Gómez Suárez
Directora Unidade de Igualdade.
Universidade de Vigo

Eduardo Suárez Porto
Profesor Titular de Universidade.
Investigador CINTECX

Mariola Norte Navarro
Responsable de igualdade CINTECX