Liñas de investigación
- Intelixencia artificial e robótica
- Sensores
- Optoelectrónica e micro/nanoelectrónica
- Electrónica de potencia
- Sistemas flexibles e eficientes de xestión de potencia
A comisión europea considera que as tecnoloxías facilitadoras esenciais impulsarán o liderado tecnolóxico europeo, vital para despregar as tecnoloxías industriais do futuro. Enmárcanse dentro da área de Electrónica e Automática diferentes proxectos no ámbito da intelixencia artificial e a robótica. Investígase en materia de sensores, optoelectrónica e nanoelectrónica, e no desenvolvemento de sistemas flexibles e eficientes de xestión de potencia.
Nesta área traballamos no desenvolvemento de algoritmos de control de convertidores electrónicos de potencia aplicados a accionamentos eléctricos tolerantes a faltas e a convertidores electrónicos conectados a rede ou que traballan de forma illada; robustos, fiables e resilientes. Desenvolvemos sistemas electrónicos de potencia para aplicacións de enerxía fotovoltaica, para aplicacións de recuperación de enerxía en sistemas de transporte de auga, sistemas metalúrxicos baseados en soldadura de fricción batida, soldadura TIG e MIG, recentemente en soldadura por resistencia.
Nesta área de investigación desenvolvemos sistemas electrónicos de potencia para aplicacións de mobilidade eléctrica principalmente marítimas, sistemas de propulsión eléctrica, análise de plantas eléctricas para barcos. O noso ámbito de traballo está relacionado coa aplicación de intelixencia artificial e a robótica na xestión e mantemento de infraestruturas e buscando o incremento da optimización de recursos e de seguridade dos usuarios das mesmas. O incremento do uso da intelixencia artificial, a robótica, cremos que vai ser clave nos próximos anos.