Liñas de investigación

  • Propulsión e emisións
  • Vehículo eléctrico
  • Sistemas de aforro de combustible
  • Dinámica vehicular
  • Transporte accesible, seguro e sostible
  • Mobilidade intelixente e seguridade

 
No ámbito do transporte, necesítanse solucións propulsivas novas e innovadoras, baseadas en motores eléctricos e baterías, pilas de hidróxeno e de combustible, motores de gas e arquitecturas e tecnoloxías avanzadas de motores ou propulsión híbrida. A utilización de combustibles libres de carbono, e electricidade procedente de fontes renovables en todas as formas de transporte. A redución do consumo de combustible mediante a redución de peso e a diminución de resistencia aerodinámica, hidrodinámica e de rodaxe utilizando materiais máis lixeiros, estruturas máis sinxelas e un deseño innovador.

En CINTECX mantemos unha actividade moi intensa en simulación para o sector do transporte. Desenvolvemos traballos tanto para o vehículo convencional, desenvolvendo novos combustibles, mellorando a aerodinámica reducindo por tanto o consumo do vehículo convencional térmico, como do vehículo híbrido eléctrico que presentan novos retos, xeralmente asociados coa súa xestión térmica.
Para o sector ferroviario principalmente realizamos simulación de aerodinámica de trens, o cal require grandes capacidades de cálculo e con esas simulacións do tren completo conseguimos mellorar as prestacións aerodinámicas do tren, con iso reducir o seu consumo e as súas demandas enerxéticas e esas simulacións permiten evitar os costosísimos ensaios en túnel de vento.

As simulacións que facemos para o sector naval céntranse principalmente en buscar alternativas aos sistemas de propulsión convencional. Isto inclúe tanto a simulación de novos combustibles con menor pegada de carbono, como solucións máis disruptivas como combustibles sen carbono que poderían ser o amoníaco ou o hidróxeno.
Nas nosas instalacións de banco de motores, obtéñense datos que non só nos serven para a validación dalgúns dos modelos matemáticos desenvolvidos, senón tamén están a disposición de ofrecer servizos para realizar directamente probas que nos pidan os fabricantes de motores, combustibles ou aceites.
Por outra banda, tamén estamos a desenvolver unha serie de proxectos relacionados co ámbito da mobilidade e das infraestruturas do transporte en aspectos como o incremento da resiliencia destas infraestruturas ante eventos extremos.

 

Obxectivos de desenvolvemento sostible