Liñas de investigación

  • Fabricación aditiva
  • Métodos avanzados de fabricación e procesamento de materiais
  • Reciclaxe de materiais e reducción do seu consumo
  • Materiais avanzados
  • Simulación de procesos de fabricación e materiais avanzados

 
Dentro da área de Fabricación e Materiais desenvólvense e melloran operacións e procesos de fabricación industrial e soldadura. Trabállase en materiais compostos, materiais intelixentes e multifuncionais, estruturas multimaterial, metamateriais, novos recubrimentos, así como desenvolvemento e aplicación de técnicas de fabricación aditiva e métodos avanzados. Traballamos en tres grandes campos:

  • A nivel macroscópico: corte, soldadura, tratamentos superficiais e fabricación aditiva
  • A nivel microscópico: micro texturizado, micro recubrimentos
  • E a nivel nanométrico desenvolvemos unha nova técnica que permite converter cerámica en nanofibras que manteñen unha flexibilidade e unhas propiedades mecánicas excepcionais

Utilizamos técnicas láser, procesos térmicos e impresoras 3D. Tamén estamos especializados noutro tipo de materiais como os semiconductores ou materiais ópticos quirais. Facendo uso das tecnoloxías emerxentes como a impresión 3D ou os nanomateriais estamos a desenvolver biomateriais 4D, é dicir, que, ás tradicionais 3 dimensións, engadímoslle o variable tempo.

 

Obxectivos de desenvolvemento sostible