Liñas de investigación

  • Biomateriais
  • Biosensores
  • Biofluídos
  • Implantes e Enxeñería tisular
  • Ferramentas, tecnoloxías e solucións dixitais para a saúde e coidados

 
En liña coas prioridades contempladas pola estratexia europea de I+D+i no ámbito da saúde, dentro da área de enxeñería biomédica, en CINTECX trabállase no desenvolvemento de ferramentas dixitais, métodos estatísticos e simulacións numéricas, como ferramentas de apoio no proceso de toma de decisións clínicas e para permitir unha avaliación preditiva rápida e precisa da seguridade, eficacia e calidade de tecnoloxías sanitarias. Ademais, estamos aliñados coas novas estratexias de nanomedicina, que se orientan cara á medicina personalizada e tamén á cirurxía minimamente invasiva.

Investigamos no desenvolvemento de nanotecnoloxía aplicada á biomedicina, e no desenvolvemento de novos materiais para a saúde, é dicir, biomateriais que son compatibles co corpo humano e que poden utilizarse como enxertos, como próteses ou biosensores e para iso utilizamos técnicas láser, procesos térmicos e impresoras 3D. Tamén estamos especializados noutro tipo de materiais, como os semiconductores ou materiais ópticos quirais. Ademais, estamos a desenvolver biomateriais 4D, é dicir, que ao tradicionais tres dimensións engadímoslle o variable tempo.

Estamos a desenvolver novas aliaxes para implantes, tanto dentais como ortopédicos, que permitan que a carga se reparta de forma uniforme, porque ese material vai ter as propiedades mecánicas similares ás do óso, pero sendo un metal e isto facémolo asistido todo mediante técnicas láser.
Traballamos no CINTECX no desenvolvemento dun novo sistema de fabricación de fibras nanométricas, este material é un material biocompatible, vidro bioactivo, que cando se integran no corpo pode ir sendo absorbido mentres o óso vai crecendo. No campo as nanopartículas estamos a fabricar nanopartículas con propiedades bactericidas que permiten previr infeccións tanto en implantes como noutras áreas do corpo.

 

Obxectivos de desenvolvemento sostible