O Cintecx promove o principio de igualdade efectiva entre homes e mulleres en todos os ámbitos e actividades que se desenvolven no centro. Para iso, conta cunha responsable que actúa como enlace entre o centro e a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.

A Universidade de Vigo, da que forma parte o Cintecx, ten coma prioridade, en liña coa Axenda 2030, favorecer a cultura do respecto, a igualdade e a inclusión, garantindo que todas as persoas que a conforman poidan desenvolver a súa actividade académica e laboral con dignidade e nun espazo libre de violencia de xénero e de máximo respecto aos dereitos humanos.

Información relacionada coa Área de Igualdade da Universidade

 

Enlace de igualdade

María del Carmen Pérez Pérez
+34 986 812 603
cperez@uvigo.gal