Os Centros de Investigación son instrumentos da Universidade de Vigo para a organización e execución da súa axenda de investigación.

O Centro de Investigación de Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais agrupa Grupos de Investigación multidisciplinarios en campos relacionados coa 4ª Revolución Industrial e goza dos beneficios dunha Escola de Enxeñería centenaria (única na rexión). CINTECX capitaliza a súa privilexiada situación xeográfica dentro de Galicia, verdadeiro motor económico industrial para a rexión e para o país.

 

Visión

A visión de Cintecx é consolidarse como centro de referencia a través da excelencia investigadora, producindo un impacto real na contorna e nos nosos socios tecnolóxicos e industriais e xerando masa crítica en investigación.

Misión

A misión do Centro é xerar e difundir coñecemento excelente e transferir innovación no ámbito da enerxía, tecnoloxías e procesos industriais, poñendo o foco nas persoas e no desenvolvemento sustentable.

 

Valores

  • Confianza
  • Compromiso
  • Eficiencia
  • Excelencia
  • Liberdade
  • Sustentabilidade
  • Equidade