CINTECX define os seguintes obxectivos prioritarios:

  • Situarse na excelencia e na vangarda da investigación científica e tecnolóxica no ámbito industrial, incrementando o impacto da súa investigación na comunidade científica mediante publicacións de alto nivel e na sociedade mediante actividades de divulgación científica.
  • Establecer unha estrutura organizada por áreas tecnolóxicas enlazadas a sectores tractores e tecnoloxías facilitadoras e emerxentes, que facilite a investigación multidisplinar e a colaboración público-privada.
  • Fomentar proxectos de investigación multidisciplinares aliñados con tecnoloxías de vangarda de alto impacto para ecosistema investigador e a sociedade galega, en colaboración con entidades nacionais e europeas, aumentando a taxa de retorno dos fondos públicos á sociedade.
  • Poñer ao servizo da empresa galega e os seus sectores tractores infraestruturas singulares, que permitan aumentar a súa competitividade.