Biosurfactantes e carbonización hidrotermal na primeira sesión de Seminarios Científicos CINTECX 2023

O primeiro Ciclo de Seminarios Científicos inaugurouse onte coas presentacións de Andrea Martínez Arcos e Silvia Escudero Curiel

Durante a sesión, as relatoras tiveron a oportunidade de recibir asesoramiento do profesor do Centro de Linguas da UVigo, Jeffrey Beasley, quen proporcionou recursos para mellorar a exposición oral en inglés.

«Application of a biosurfactant extract obtained from corn steep water using membrane technology for formulations of Pickering emulsions» e «Hydrothermal carbonization for agro-industrial waste valorization: synthesis of Nitrogen-doped hidrochars as carbocatalysts for efficient removal of pharmaceuticals in water treatment» foron os títulos dos relatorios que presentaron as investigadoras de CINTECX.

Este Ciclo de Seminarios forma parte das actividades do Programa Mentoring de CINTECX 2023. Nestas sesións aquelas persoas que teñan previsto acudir a congresos, relatorios ou outros eventos (teses, reunións internacionais, foros…) poderán realizar unha práctica da súa exposición de 20-30 minutos ante o resto das compañeiras e compañeiros e coa colaboración dun profesor do Centro de Linguas, que efectuará labores de corrección e proporcionará recursos para mellorar a exposición oral en inglés.

O próximo seminario terá lugar o 21 de xuño ás 16:00h. As inscricións poden realizarse a través do seguinte formulario.