actividades
 

Con “Quero ser investigadora” búscase poñer en valor as contribucións e as investigacións de investigadoras ás nenas e nenos de diferentes centros educativos e ao público en xeral.

 
 

No 2020 materializouse coa edición dun libro no que cada capítulo é unha porta aberta a coñecer de primeira man a historia de dez mulleres que apostaron pola investigación e por colaborar no avance da sociedade traballando desde a Universidade de Vigo.

 

Dous dos capítulos dedicáronse ás investigadoras do CINTECX Julia Armesto González e María Concepción Paz Penín.

 

 
 

O obxectivo fundamental é valorar e visibilizar mulleres científicas contemporáneas, pioneiras en moitos casos, e espertar a vocación investigadora entre as máis pequenas e pequenos, con figuras femininas da súa contorna como referencias.