Co obxectivo de converternos nun centro de investigación coa máxima transparencia, nesta sección presentamos a toda a sociedade a documentación que acredita a actividade do centro, a través dos seus principais indicadores de investigación, transferencia, difusión e divulgación.

  • Memorias anuais: Documento resumo anual dos principais fitos e indicadores acadados polo centro.
     

    2021 (pendente de aprobación) | 2020

  • Plan estratéxico 2020-2023: Documento que pretende amosar unha visión clara e compartida de onde quere chegar o Centro, mediante unha planificación definida enfocada cara á consecución dos seus obxectivos prioritarios e a unha xestión eficiente dos recursos.
  • Regulamento Réxime Interno: Regulamento de Réxime Interno do CINTECX, aprobado en Consello de Goberno da Universidade de Vigo o 01 de Outubro de 2021.
  • RSU 2020: Memoria de Responsabilidade Social Universitaria, correspondente á anualidade 2020.
  • Política de calidade: Implantación, mantemento e mellora dun Sistema de Xestión da Calidade conforme aos requisitos da Norma ISO 9001:2015.