Campaña de visibilización das investigadoras de Cintecx
Publicación na web e redes sociais de entrevistas realizadas a investigadoras de CINTECX, con representación en diferentes categorías profesionais, que pretenden reflectir a traxectoria das nosas investigadoras.
Impresión e colocación na entrada do centro dun novo cartel promovendo a igualdade.
Realización dunha sesión fotográfica de investigadoras de CINTECX e colocación das imaxes no centro.
Visibilidade en redes sociais das científicas de Cintecx
Con motivo das celebracións do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, ou o Día Internacional da muller, lévanse a cabo campañas en redes sociais para visibilizar ás investigadoras do centro, un grande equipo que fan ciencia en feminino, axudando a consolidar a presenza feminina no noso sector.
Apoio ao desenvolvemento profesional do personal investigador do centro
Visibilización continua dos logros das investigadoras do centro para a promoción da súa carreira investigadora. Cintecx ofrece apoio, soporte e visibilización a todas as actividades do persoal investigador a fin de promocionar o seu recoñecemento profesional.