Mesa redonda igualdade da muller na enxeñería
Con motivo da celebración do 8M celebrouse unha mesa redonda sobre a igualdade da muller no ámbito da enxeñería. Contou coa participación de tres enxeñeiras formadas na nosa universidade, e hoxe en día profesionais de éxito en diferentes empresas, representantes do PDI e a directora do centro.
Accións para previr a violencia de xénero
O Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, o centro levou a cabo unha campaña nas redes sociais contra as violencias machistas e a promoción do punto lila virtual da Universidade de Vigo.
Realizouse tamén cartelería específica que está exposta nas dependencias do centro.