CINTECX presentou unha proposta na convocatoria da Cátedra Feminismo 4.0, saíndo elixida para levar a cabo o seu proxecto centrado na creación dunha guía operativa para a inclusión da perspectiva de xénero na investigación tecnolóxica-industrial.

A Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo ten como obxectivo aumentar a presenza de mulleres nas áreas STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas) e evitar que se reproduza a desigualdade de xénero no ámbito dixital.

Co desenvolvemento desta guía práctica para integrar a perspectiva de xénero en investigacións tecnolóxicas e industriais, dirixido por María Concepción Paz Penín, materialízase o esforzo do centro para fomentar a igualdade e a inclusión.

A iniciativa busca dotar aos investigadores de ferramentas e pautas específicas para mellorar a calidade das súas propostas de investigación, fomentando así un enfoque máis inclusivo no ámbito científico. O proxecto desenvólvese a través de varias etapas, incluíndo a recollida e análise de datos, sesións formativas con expertos, a elaboración da guía e a súa posterior difusión.

A guía recolle criterios de actuación, incide en pautas concretas, ofrece tips para os distintos apartados das propostas de investigación e inclúe un checklist, facilitando ademais unha sección específica para propostas europeas. Espérase que este estudo mellore a capacidade do persoal investigador de integrar a perspectiva de xénero nas propostas de investigación tanto a nivel autonómico, nacional e internacional.

Máis información: Cátedra de feminismos 4.05ª edición workshop Cátedra de Feminismos.

Póster guía operativa perspectiva de xénero