O Grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas (GeoTech) conta con máis de 20 anos de traxectoria e está especializado na aplicación de xeotecnoloxías e técnicas de intelixencia artificial para a inspección, monitorización e seguridade de infraestruturas de transporte e construción.

GeoTech foi recoñecido como grupo de referencia competitiva galega pola calidade das súas publicacións científicas e o éxito de máis de 100 proxectos de I+D financiados por axentes externos. O grupo conta con máis de 400 artigos científicos, máis de 30 investigadores e desenvolve, ensaia e aplica tecnoloxías avanzadas de teledetección, análise xeofísica e modelado predictivo baseado en IA para habilitar estratexias de mantemento intelixentes e sistemas de alerta temperá para a integridade estrutural.

Más información:
https://portalcientifico.uvigo.gal/grupos/17764/detalle

Henrique Remixio Lorenzo Cimadevila - hlorenzo@uvigo.es

Áreas de investigación

Liñas de investigación

  • Novas tecnoloxías de avaliación estrutural.
  • Mobilidade e transporte intelixente e conectado.
  • Edificación, cidades e espazos urbanos.
  • Monitorización e inspección de infraestruturas grises/verdes.
  • Novos métodos de valorización da biomasa forestal.

Tecnoloxías destacables

  • Plataformas de dixitalización e modelaxe 3D: reconstrución BIM e análise de infraestruturas.
  • Sistemas de teledetección e sensores remotos: inspección, monitorización ambiental e estrutural.
  • Vehículos aéreos non tripulados (UAV) e drons: captura de datos de alta resolución e mapeamento.
  • Modelos preditivos baseados en intelixencia artificial: mantemento preventivo e alertas temperás.
  • Ferramentas de avaliación de infraestruturas: seguridade viaria, seguridade estrutural e eficiencia enerxética.
  • Plataformas para smart cities: integración de datos xeoespaciais para a planificación urbana intelixente.