Calendario CINTECX: Outubro con Miriam López

“O traballo da muller na investigación aseméllase a un iceberg: só vemos o 10%, pero o 90% restante baixo a superficie é moi relevante”

Investigo no desenvolvemento de novos biomateriais mediante tecnoloxías de biofabricación para enxeñaría tisular.

A investigación é un traballo nobre que busca profundar en problemas sociais para achegar coñecemento e solucións. É motivador e esixe un reciclado constante, facendo que cada proxecto sexa único.

Souben integrar os coñecementos requiridos de áreas moi diversas e enfocalos cara aos obxectivos concretos, axudando a consolidar novas liñas en investigación biomédica.

Afrontamos o desafío do envellecemento poboacional grazas ao desenvolvemento de avances na enxeñaría de tecidos, para substituír implantes metálicos actuais por biomateriais porosos que promovan a rexeneración do tecido óseo do propio paciente, contribuíndo ao envellecemento activo e á sustentabilidade do sistema sanitario.

Ás mozas diríalles que se lles interesa a investigación non deixen que ningunha opinión ou estereotipo as deteña. As súas ideas son valiosas, e neste ámbito van poder desenvolvelas e
contribuír ao progreso da sociedade.