CINTECX organiza unha serie de Seminarios Científicos de maneira periódica nos que o persoal investigador do centro ten a oportunidade de expoñer os seus traballos científicos e recibir asesoramento e ferramentas para mellorar as súas competencias comunicativas para futuras presentacións en diferentes foros.
Durante os seminarios, o persoal do Centro de Linguas proporcionará ferramentas que abordarán aspectos prácticos para realizar presentacións en congresos, conferencias, reunións internacionais, lecturas de teses doutorais, entre outros eventos.
Estes seminarios están enmarcados no Programa Mentoring de CINTECX e atópanse aliñados coa visión do centro de fomentar a colaboración entre o persoal investigador, permitindo que se poidan dar a coñecer as distintas liñas de investigación que levan a cabo, dando a oportunidade a futuras colaboracións e sinerxias.