actividades

Convocatoria

O Plan Estratéxico de CINTECX contempla, dentro do plan de acción para o cumprimento dos seus obxectivos estratéxicos, unha convocatoria anual de axudas na modalidade de concorrencia competitiva denominada CINTECX Challenge, para o desenvolvemento de proxectos de I+D colaborativos entre os investigadores integrados no centro.

Con tal fin, convócase a axuda CHALLENGE 2023.

O prazo para participar nesta convocatoria estará aberto desde o 8 de decembro de 2022 ata o 9 de xaneiro de 2023.

As propostas que se axusten ao establecido na convocatoria defenderanse durante unha Xornada Técnica en CINTECX, na que se realizará a avaliación das mesmas e a selección da proposta gañadora.

Un aspecto importante deste desafío é conseguir un impacto social relevante na rexión polo que os resultados da proposta gañadora poden ser difundidos, entre outros, a través do Programa de Divulgación Científica de Ciencia Singular da Xunta de Galicia.

 

Requisitos das solicitudes

  1. Os integrantes do equipo de investigación deben ser membros do Centro de Investigación de Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais (CINTECX) no momento de presentación da solicitude.
  2.  

  3. Deben contar coa participación de polo menos 2 investigadores, de polo menos dous grupos de investigación de CINTECX (un ou dous dos cales actuarán como IPs) co fin de aumentar o grao de cohesión entre os investigadores do Centro. A proposta deberá contar co visto e prace dos coordinadores dos seus grupos de investigación aos que pertenza o equipo investigador.
  4.  

  5. A proposta presentada debe estar aliñada coas áreas tecnolóxicas e as liñas prioritarias da axenda científica de CINTECX e contribuír á proxección e visibilidade do centro.
  6.  

  7. A proposta debe ser orixinal.

 

 

Póster

Consulta o póster da edición 2023 do challenge.

 

Vídeo