equipo

Deseño, construción e ensaio dun sistema de conformado de feixe para corte con láser de polímeros

Traballo Fin de Mestrado (TFM)

Deseño e montaxe dun cabezal cun sistema de conformado de feixe adaptado para o corte con láser de CO2 de polímeros. Realizarase o deseño do sistema óptico para un conformado do feixe láser con distribución de irradiancia sen simetría cilíndrica. Será necesario, tamén, deseñar un cabezal de corte específico para a montaxe do sistema óptico. O cabezal será ensaiado en experimentos de corte de polímeros e comparando os resultados con outros experimentos de corte realizados cun cabezal convencional.

2021/22 | Félix Quintero Martínez

 

Desenvolvemento dun modelo de simulación simplificado dun transformador de estado sólido para estudo de redes intelixentes.

Traballo Fin de Mestrado (TFM)

Obtención de modelos alternativos que permitan realizar simulacións do SST proposto cun número de niveis elevado. Validación dos modelos propostos mediante resultados experimentais. Comparación das melloras obtidas con ambos modelos.

2021/22 | Jesús Doval Gandoy