servizos
 

Dende Cintecx ofrecemos os seguintes servizos tanto aos membros do centro, como a toda a comunidade universitaria e a empresas e organismos en xeral.

Os interesados en usar estes servizos deberán cubrir o formulario de solicitude e envialo ao enderezo de correo cintecx@uvigo.es.

É necesario cubrir un formulario por cada uso/servizo.

Formación específica en tecnoloxías 4.0

Programas de formación en transformación dixital a nivel directivo.

Xemelgo dixital cartográfico do medio forestal

Aplicación de tecnoloxías cartográficas á dixitalización, medición, avaliación e diagnóstico do medio forestal. Os resultados permiten xerar produtos cartográficos que facilitan toma de decisións e a xestión do medio forestal, xa sexa con fins de optimización da produción ou con fins de mellora das accións de conservación.

Demostrador sensorización, IA, IoT, 5G

Monitorización en edificios intelixentes e análise das condiciónss ambientais interiores.

Prototipado. Deseño e apoio á construción

Métodos avanzados de fabricación e procesamento de materiais. Láser en recubrimento superficiais, materiais biocompatibles. Microrrevestimento asistido por láser. Fabricación aditiva.

Produtos con novas propiedades

Cerámicas bioinspiradas para implantes dentais e ortopédicos. Novas técnicas para a producción de nanofibras: fiado láser e Cofiblas.

Prototipado. Deseño e apoio á construción

Deseño e acoplamento de sistemas de visión artificial e predición automática de calidade ao proceso de transformación da Pedra Natural. Calidade de materiais construtivos.

Modelos preditivos

Desenvolvemento de modelos preditivos. Simulación CFD, FEM, compoñentes electrónicos, sim térmica, interacción fluído-estrutura, fatiga, ciclo de vida, eficiencia enerxética, procesos industriais. Simulación de procesos de fabricación e materiais avanzados.

Optimización de xestión enerxética

Modelado, simulación e optimización de mixes enerxéticos. Sistemas flexibles e eficientes de xestión de potencia. Sistemas de recuperación de calor residual. Electrónica de potencia para a integración de sistemas de enerxías renovables.

Optimización de xestión enerxética

Análise e optimización de enerxía en instalacións de enerxías renovables.

Economía Circular

Biorremediación. Aplicación de tecnoloxías de oxidación química, electroquímicas e fotoquímicas para o tratamento de efluentes e chans contaminados con metales pesados e compostos orgánicos. Extracción para a separación dunha ampla gama de compostos con interese industrial (produtos biolóxicos, etc).

Valoración de residuos e co-productos

Avaliación de residuos da industria agroalimentaria. Antioxidantes naturais e axentes antimicrobianos en envases de alimentos activos. Extracción, purificación e caracterización de deterxentes microbianos. Produción e purificación de compostos de alto valor.

 

Tarifas

Consulta as tarifas por tipo de servizo e de usuario neste documento.