Número de prazas: | 1 |
Xornada: | Tempo completo/Media xornada |
Duración: | Ano 2022 |
Prórroga | Posibilidade dun segundo contrato a xornada completa ou parcial en función das candidaturas recibidas e a dispoñibilidade contractual. |
Remuneración: | 1.200,00€-1.400,00 € ao mes a xornada completa (no caso de xornada parcial, faríase o axuste segundo a duración da xornada). |
Lugar de traballo: | Escola de Enxeñería Industrial – Edificio CINTECX – Campus Universitario As Lagoas Marcosende – Universidade de Vigo) |
Subproxecto Desenvolvemento de sistemas de detección en terra para a prevención de incendios forestais. Proxecto europeo FIREPOCTEP Interreg
Requisitos e perfil do candidato
- Título: Graduado en Enxeñería Mecánica ou en Tecnoloxías Industriais, ou equivalentes. Valorarse Mestrado no ámbito tecnolóxico e vocación investigadora.
- Formación: Software de modelado, xeorreferenciación e simulación (GIS, Solid Works, Ansys, …), e linguaxes de programación (Matlab, Labview, C++,…).
Selección
Tribunal:
- Presidente: coordinador do grupo de investigación
- Secretario: IP do subproxecto
- Vogal: membro do grupo de investigación
Baremo:
- Titulación (requirida e adicional) e expediente académico: 10% + 10%
- Formación: modelado-xeorreferenciación-simulación 20% e programación: 20%
- Idiomas (inglés): 20%
- Entrevista persoal: 20%
Lugar de presentación
- Enviar CV e documentación acreditativa dos méritos (copia titulo(s), expediente con nota media sobre 10, cursos de formación, idiomas, etc.) ata o próximo 31 de outubro, por email a grupocima@uvigo.es indicando no asunto “Contrato CIMA FIREPOCTEP”
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 31 de outubro de 2021.
Máis información en https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/789