Número de prazas: | 1 |
Tipo de contrato: | Contrato por obra ou servizo |
Xornada: | Completa (40 horas semanais) |
Duración | 6 meses iniciais con posibilidade de prórroga |
Data prevista de inicio | 01/01/2022 |
Remuneración: | 1375 € |
Lugar de traballo: | Cintecx |
Proxecto “Tecnoloxía de inxección de ozono para purificación de gases de escape. O3-INTERGAP. Proxectos Proba de Concepto 2021”.
Requisitos e perfil do candidato
- Título de mestrado ou equivalente nunha enxeñería do ámbito industrial, enxenería aeroespacial, enerxía e minas ou física.
- Experiencia en investigación experimental, manexo de Simulink e Matlab.
Funcións do posto
- Participar na realización de experimentos en banco de ozono, elaboración de adecuados deseños de experimentos, tarefas asociadas á análise de datos, obtención de correlacións empíricas- Manexo de equipamento científico sensible, e implementar e persoalizar sistemas e equipo de adquisición de datos.
Documentación a presentar
- Curriculum vitae.
Lugar de presentación da documentación
- A documentación deberase enviar ao enderezo de correo electrónico cintecx@uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.
Comité de selección
- Unha Comisión formada por tres membros do grupo de investigación será a encargada do proceso selectivo (María Concepción Paz, José Luis Miguez Tabarés e Eduardo Suarez Porto).
- A comisión poderá convocar aos candidatos con máxima valoración profesional e de formación para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos.
- O comité configurará unha lista de agarda coas persoas que superen a puntuación que se fixe como mínima para seren consideradas aptas. No caso de que considere que ningunha persoa candidata cumpre os requisitos mínimos esixidos, a praza poderá declararse deserta.
Data límite de recepción de candidaturas: 10 de decembro de 2021 ás 21:00 horas.