Número de prazas: | 1 |
Tipo de contrato: | Contrato por obra ou servizo |
Xornada: | Completa (40 horas á semana) |
Data prevista de comezo do contrato: | Maio 2022 |
Duración: | 2 meses, con posibilidade de prórroga segundo valía |
Retribución bruta mensual: | 1500 € |
Lugar de traballo: | Cintecx |
Funcións do posto de traballo
A persoa candidata incorporarase ao CINTECX dentro do Grupo de Tecnoloxía Enerxética e participará no desenvolvemento dunha ferramenta de simulación CFD capaz de reproducir, capturar, amosar e predecir a ebulición do fluxo sobre o rango experimental, as morfoloxías e as aplicacións obxecto do estudo, no marco do proxecto RTC2019-006955-4 con título “Desarrollo de nuevas tecnologías de calentadores de líquido de alto voltaje (HVCH) para abordar los futuros retos de la gestión térmica en vehículos electrificados. – NETEHEV”.
Requisitos
- Título de grao, mestrado ou equivalente nunha enxeñería do ámbito industrial, enxeñería aeroespacial, enerxía e minas ou física.
A comisión poderá convocar aos candidatos con máxima valoración profesional e de formación para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos.
Comité de avaliación
- María Concepción Paz Penín
- José Luis Míguez Tabarés
- Eduardo Suárez Porto
O comité configurará unha lista de agarda coas persoas que superen a puntuación que se fixe como mínima para seren consideradas aptas. No caso de que considere que ningunha persoa candidata cumpre os requisitos mínimos esixidos, a praza poderá declararse deserta.
Documentación
As persoas interesadas deberán enviar o seu CV ao enderezo cintecx@uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 26 de abril de 2022 ás 21:00 horas.