Oferta contrato grupo BIOSUV. Tecnoloxías medioambientais

Número de prazas: 1
Xornada: A tempo parcial
Duración: 3 meses
Data probable de inicio Incorporación inmediata
Lugar de traballo: CINTECX (Campus de Vigo)

Contratación de persoal de investigación para o desenvolvemento de tecnoloxías medioambientais dentro do grupo de investigación BIOSUV

Requisitos e perfil do candidato

  • Estudantes de último curso ou licenciados/graduados en Química ou Enxeñería en Química Industrial, preferentemente, ou outras afíns.
  • Experiencia no laboratorio e no manexo de equipos instrumentais

Selección

Teranse en cuenta os seguintes méritos acreditados polos candidatos:

  • Expediente académico e valoración CV
  • Entrevista persoal (se é preciso)

Comisión de selección

  • A selección levarase a cabo por unha comisión constituída por investigadores do proxecto.

Documentación

  • Para presentar a solicitude, o/a solicitante deberá cubrir o formulario (accedendo pola ligazón: https://forms.gle/DQnanpnCvHpw79rc9) e achegar a documentación que se solicite no mesmo.

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 14 de marzo de 2022 ás 14:00 horas.

Para máis información sobre o contrato ou o proxecto, póñase en contacto con: Marta Pazos Currás (mcurras@uvigo.es) ou Mª Angeles Sanromán (sanroman@uvigo.es)