Oferta contrato grupo BIOSUV

Número de prazas: 1
Xornada: A tempo parcial
Duración: 4 meses con posibilidade de continuidade a tempo completo
Data probable de inicio Incorporación inmediata.
Lugar de traballo: CINTECX (Campus de Vigo)

Contrato con cargo ao proxecto HIBRITEC+ “Un enfoque práctico e próximo á realidade de mercado na detección e o tratamento de compostos farmacéuticos”, financiado por: MCIN-AEI/10.13039/501100011033 e pola Unión Europea Next GenerationEU/ PRTR (PDC2021-121394-I00)

Funcións

  • Apoio ás actividades investigadoras e de execución do proxecto

Requisitos e perfil do candidato

  • Estudos superiores finalizados en Química ou Enxeñería Química, preferentemente, ou outras afíns
  • Coñecementos de electroquímica e electroanálise
  • Experiencia no laboratorio e no manexo de equipos instrumentais

Selección

  • Expediente académico e valoración CV (especialmente valoraranse os coñecementos específicos relacionados coas tarefas a desenvolver no proxecto e experiencia demostrable no laboratorio)
  • Entrevista persoal (se é preciso)

Comisión de selección

  • A selección levarase a cabo por unha comisión constituída por investigadores do proxecto.

Documentación

  • Para presentar a solicitude, o/a solicitante deberá cubrir o formulario (accedendo pola ligazón: https://forms.gle/c6sM18HRmsF4kofT8) e achegar a documentación que se solicite no mesmo.

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 28 de xaneiro de 2022 ás 14:00 horas.

Para máis información sobre o contrato ou o proxecto, póñase en contacto con: Marta Pazos Currás (mcurras@uvigo.es) ou Mª Angeles Sanromán (sanroman@uvigo.es)