Axudas para contratación de persoal investigador predoutoral en formación asociado a Proxectos de Xeción de Coñecemento, 2023 (FPI 2024)

Convocatoria

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1456

Descrición

A presente convocatoria de axudas ten por obxecto seleccionar por concorrencia competitiva a persoas que estean a realizar a súa tese de doutoramento na Universidade de Vigo para que, en función da súa capacitación e formación, poidan converterse en novo persoal investigador en formación mediante a formalización dun contrato predoutoral asociado a un dos proxectos de investigación que obtivesen financiamento na convocatoria para o ano 2023 de axudas a «Proyectos de Generación de Conocimiento» e a actuacións para a formación de persoal investigador predoutoral.

Requisitos

  • Estar matriculada nun programa de doutoramento da Universidade de Vigo a tempo completo no curso 2024/25 ou estar en disposición de matricularse na data de formalización do contrato.
  • Non ter iniciada a súa formación predoutoral con financiamento doutras axudas destinadas á formación predoutoral a través do desenvolvemento dunha tese de doutoramento que se outorgasen no marco do Plan Estatal de Investigación, Científica e Técnica ou dalgún dos anteriores plans nacionais.
  • Non posuír un título de doutora ou doutor.

Prazo de presentación de solicitudes

Do 31 de outubro ao 28 de novembro de 2024.

Documentación

  • Formulario de solicitude conforme ao anexo IV.
  • Copia de pasaporte só para as persoas extracomunitarias que empreguen o procedemento excepcional sinalado no último parágrafo da base sexta.
  • Copia das certificacións académicas das titulacións universitarias que se posúan ou das ensinananzas superadas na data de presentación da solicitude expedidas e facilitadas pola entidade académica correspondente na que consten as cualificacións obtidas.
  • Equivalencia de notas medias de estudos universitarios realizados en centros estranxeiros debidamente asinada, só para o caso de títulos estranxeiros.
  • Curriculum vitae abreviado conforme a modelo normalizado https://cvn.fecyt.es/ onde deben constar especificamente as achegas científico-técnicas e a mobilidade e internacionalización así como a breve descrición do TFG e TFM coas puntuacións obtidas.
  • Declaración de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ao fronte da Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento algunha outra débeda con ningunha Administración Pública.

Cada solicitude poderá referirse a máis dun proxecto de investigación sinalado no anexo II desta convocatoria, pero os proxectos sinalados deben corresponder á mesma área temática.

Observacións

O formulario de solicitude xunto coa documentación exixida na base quinta da convocatoria debe ser presentada a través da sede electrónica da Universidade de Vigo no seguinte enderezo https://sede.uvigo.gal/ a través do procedemento «SINV-Axudas FPI», pulsando o botón «Iniciar tramitación».

De xeito excepcional para este procedemento, unicamente as persoas de nacionalidade extracomunitaria, poderán usar medios de acceso á sede electrónica alternativos, para o cal deberán iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal antes de presentar a súa solicitude e con antelación suficiente ao día de peche do prazo de presentación.

Consulta máis información na convocatoria publicada pola Universidade de Vigo.