2423-122621 Consultoría experta en apoio ao desenvolvemento de algoritmos para a inspección da biodiversidade, liña de costa e masas forestais

Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia). Duración indefinida
Xornada: Tempo completo (37.5 h/semana)
Data probable de inicio A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma.
Duración do contrato Indefinida
Salario bruto mensual 1.500,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias)
Lugar de traballo: Escola de Enxeñería Forestal da Universidade de Vigo
Categoría laboral: Técnico Grado Medio de apoio á investigación modalidade C
Liña de investigación: Xeotecnoloxías aplicadas

Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans

Traballo a realizar

Desenvolvemento de metodoloxías de procesamento de datos (fases 2 e 3).

Requisitos

  • Grao Enxeñería Forestal.

Méritos a valorar

  • Titulación requerida (grao) (25 puntos)
  • Experiencia investigadora e CV relacionados coas xeotecnoloxías aplicadas (45 puntos).
  • Outra formación relacionada coas xeotecnoloxías aplicadas (15 puntos).
  • Entrevista (15 puntos)

Comité avaliador

  • Presidente: Joaquín Martínez Sánchez.
  • Secretario: Pedro Arias Sánchez.
  • Vogal: Henrique Lorenzo Cimadevila.

Documentación

  • Solicitude
  • Currículum vitae
  • Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.

A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 2 de xaneiro de 2024.