1625-159658 FISTERRA: Fábrica intelixente e sustentable mediante electrónica de potencia avanzada e realidade aumentada

Convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1662
Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia). Duración indefinida.
Xornada: Tempo completo (37,5 horas/semana) .
Data probable de inicio: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma.
Duración do contrato: Indefinida.
Salario bruto mensual 1.750,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias).
Lugar de traballo: Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.
Categoría laboral: Persoal técnico medio de apoio á investigación .

Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia). Duración indefinida

Traballo a realizar:
Análise e deseño de convertidores electrónicos de potencia de AC

Requisitos

  • Grao en enxeñería ou similar.

Méritos a valorar

  • Formación académica, experiencia profesional en universidades, organismos públicos ou empresas e coñecementos de linguas estranxeiras (30 puntos).
  • Estudos de máster relacionados coas Xeotecnoloxías Aplicadas (30 puntos).
  • Experiencia e coñecemento de deseño de sistemas electrónicos de potencia. Hardware e software. Experiencia e coñecemento de deseño de estratexias de control de convertedores electrónicos de potencia. Experiencia e coñecementos de electrónica de potencia e sistemas eléctricos de potencia (70 puntos).

Comité avaliador

  • Presidente: Jesús Doval Gandoy.
  • Secretario: Miguel Comesaña Martínez.
  • Vogal: Lucía Costas Pérez.

Documentación

  • Solicitude
  • Currículum vitae
  • Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.

A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 17 de setembro de 2025.