| Convocatoria: | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1662 |
| Número de prazas: | 1 |
| Tipo de contrato: | Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses). |
| Xornada: | Tempo parcial (18.75 horas/semana). |
| Data probable de inicio: | A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma. |
| Duración do contrato: | 1 mes e medio. |
| Salario bruto mensual | 2.100,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias). |
| Lugar de traballo: | Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo. |
| Categoría laboral: | Persoal investigador non doutor. |
Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses)
Traballo a realizar:
A persoa contratada incorporase ao Grupo de Deseño e Simulación Numérica para apoiar as tarefas de deseño e montaxe de dispositivos mecánicos e electrónicos para prototipos de ensaio.
Requisitos
- Grao en Enxeñaría Mecánica.
Méritos a valorar
- Grao en Tecnoloxías Industrais, expedido por unha universidade oficialmente recoñecida (30 puntos).
- Experiencia acreditada en Deseño Asistido por Computador (CAD) e en software de análise por elementos finitos (FEA). Valoraranse cursos de Master en Enx. Industrial, da área de Enx. Mecánica. (25 puntos).
- Valorarase título B2 de inglés. Valorarase capacidade demostrable en redactar e presentar traballos en inglés en entornos profesionais. (15 puntos).
- Valorarase participación en programas de internacionalización, integración en equipos de traballo multi-disciplinares, colaboracións en infraestructuras de investigación (25 puntos).
- Entrevista persoal (15 puntos).
Comité avaliador
- Presidente: Enrique Casarejos Ruiz.
- Secretaria: Sofía Suárez García.
- Vogal: Marcos López Lago.
Documentación
- Solicitude
- Currículum vitae
- Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 17 de setembro de 2025.
