1525-156591 Contrato predoutoral (art21 Lei da Ciencia) EPIF (mín 1 ano, máx 4)

Convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1686
Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato predoutoral (art21 Lei da Ciencia) EPIF (mín 1 ano, máx 4).
Xornada: Tempo completo (37,5 horas/semana) .
Data probable de inicio: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma.
Duración do contrato: 31 meses.
Salario bruto mensual 1.560,48 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias).
Lugar de traballo: Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo
Categoría laboral: Personal investigador según estatuto Personal Investigador Predoutoral en Formación (Titulación Universitaria Superior).

Contrato predoutoral (art21 Lei da Ciencia) EPIF (mín 1 ano, máx 4)

Traballo a realizar:
A persoa contratada realizará tarefas relacionadas coa segmentación de imaxe médica, construción de modelos de cálculo por elementos finitos, implementación e análise do comportamento de válvulas aórticas. Tamén colaborará na análise estatística das propiedades mecánicas do tecido e na súa implementación nos modelos de cálculo.

Requisitos

  • Máster en Enxeñaría Biomédica. Admisión nun programa de doutoramento na Universidade de Vigo a tempo completo ou estar en condicións de matricularse no momento de formalización do contrato.

Méritos a valorar

  • Formación académica relacionada co posto (15 puntos).
  • Nivel de inglés B2 (15 puntos).
  • Experiencia en segmentación e modelado de vasos sanguíneos e corazón a partir de imaxes médicas. Valorarase a afinidade da experiencia profesional, traballo de fin de grao e formación (20 puntos).
  • Experiencia no cálculo de elementos finitos de válvulas aórticas e os seus compoñentes. Valorarase a afinidade da experiencia profesional, traballo de fin de grao e formación (35 puntos).
  • Entrevista persoal. A entrevista só realizarase cos candidatos que, na suma dos seus méritos, acaden un mínimo de 50 puntos. Poderá non realizarse se só hai un candidato (15 puntos).

Comité avaliador

  • Presidente: Abraham Segade Robleda.
  • Secretario: José Ángel López Campos.
  • Vogal: Gloria María Pena Urís.

Documentación

  • Solicitude
  • Currículum vitae
  • Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.

A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 20 de outubro de 2025.