Convocatoria: | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1357 |
Número de prazas: | 1 |
Tipo de contrato: | Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses) |
Xornada: | Tempo completo (37,5 h/semana) |
Data probable de inicio | A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma. |
Duración do contrato | 6 meses |
Salario bruto mensual | 2400,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias) |
Lugar de traballo: | Cintecx – Vigo |
Categoría laboral: | Técnico Superior de apoio á investigación modalidade C |
Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses)
Traballo a realizar
A persoa contratada incorporarase ao persoal técnico de apoio do centro, co obxectivo principal de apoiar aos investigadores en actividades, solicitudes de novos proxectos internacionais e captación de talento.
Requisitos
- Grao no ámbito das tecnoloxías.
Méritos a valorar
- Expediente académico, experiencia profesional previa e nivel de inglés (35 puntos).
- Experiencia relacionada coa temática do traballo a desenvolver (50 puntos).
- Entrevista (15 puntos).
Comité avaliador
- Presidente: Mª Angeles Sanromán Braga.
- Secretario: Félix Quintero Martínez.
- Vogal: Marta Pazos Curras.
Documentación
- Solicitude
- Currículum vitae
- Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 11 de xuño de 2024.