Número de prazas: | 1 |
Tipo de contrato: | Contrato predoutoral (art21 Lei da Ciencia) EPIF (mín 1 ano, máx 4) |
Xornada: | Tempo completo (37,5 h/semana) |
Data probable de inicio | A partir da resolución da convocatoria deste contrato. A data de inicio prevista pode sufrir modificacións en función da data de resolución de adxudicación do contrato. |
Duración do contrato | 24 meses. A duración do contrato pode sufrir modificación en función da data de resolución de adxudicación do contrato e/ou da duración da actividade/proxecto de investigación. |
Salario bruto mensual | 1.415,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias) |
Lugar de traballo: | Grupo BIOSUV CINTECX, Universidade de Vigo |
Referencia do proxecto: | PCI2022-132941 – Restauración da biodiversidade e conservación dos ecosistemas acuáticos interiores para o benestar ambiental e humano (BioReset). Proxecto PDC2021-121778-I00 financiado por MCIN/AEI /10.13039/501100011033 e pola Unión Europea Next GenerationEU/ PRTR. Proxecto PID2020-113667GB-I00 financiado por MCIN/ AEI /10.13039/501100011033 |
Contratación dun doutorando para o proxecto BioReset
Traballo a realizar
A persoa seleccionada realizará a tese doutoral no laboratorio do grupo Bioenxeñería e Procesos Sostibles, no marco do proxecto BioReset.
Requisitos
- Formación académica: Grao Enxeñería Química, Grao en Química, Grao en Cc Ambientais, Grao Bioloxía, + Mestrado 60ECTS
Méritos a valorar
- Expediente académico, experiencia profesional previa en laboratorios e nivel de inglés (50 puntos)
- Experiencia relacionada coa temática do traballo para desenvolver (40 puntos).
- Entrevista (10 puntos). Só se realizará as persoas que na suma dos méritos obteñan un mínimo de 50 puntos.
Comité avaliador
- Presidente: Ángeles Sanromán Braga, Universidade de Vigo.
- Secretario: Emilio Rosales Villanueva, Universidade de Vigo.
- Membros: Marta Pazos Currás, Universidade de Vigo.
Documentación
- Solicitude
- Currículum vitae
- Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 4 de novembro de 2022.
O período de reclamacións será de tres días hábiles despois da publicación da lista provisoria de candidatos admitidos e excluídos.