Número de prazas: | 2 |
Tipo de contrato: | Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses) |
Xornada: | Tempo completo (37,5 h/semana) |
Data probable de inicio | A partir da resolución da convocatoria deste contrato. A data de inicio prevista pode sufrir modificacións en función da data de resolución de adxudicación do contrato. |
Duración do contrato | 2 meses. A duración do contrato pode sufrir modificación en función da data de resolución de adxudicación do contrato e/ou da duración da actividade/proxecto de investigación. |
Salario bruto mensual | 2.250,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias) |
Lugar de traballo: | Escola de Enxeñería Industrial, Universidade de Vigo |
Referencia do proxecto: | 0756_FIREPOCTEP_6_E – Fortalecemento dos sistemas transfronterizos de prevención e extinción de incendios forestais e mellora dos recursos para a xeración de emprego rural posCovid-19 (FIREPOCTEP). |
Contratación dun investigador para o proxecto Firepoctep
Traballo a realizar
Deseño e modelado sistemas detección incendios.
Requisitos
- Formación académica: Grao en enxeñería mecánica (ou similar)
Méritos a valorar
- Mestrado en ámbito tecnolóxico (25 puntos)
- Participación en proxectos de investigación (europeos, nacionais, …) (20 puntos).
- Software de modelado, deseño e simulación (20 puntos)
- Inglés (20 puntos)
- Entrevista (só se obteñen 50 puntos nos items anteriores) (15 puntos)
Comité avaliador
- Presidente: Pablo Izquierdo Belmonte, Universidade de Vigo.
- Secretario: Angel M. Fernández Vilán, Universidade de Vigo.
- Membros: Pablo Yáñez Alfonso, Universidade de Vigo.
Documentación
- Solicitude
- Currículum vitae
- Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 4 de novembro de 2022.
O período de reclamacións será de tres días hábiles despois da publicación da lista provisoria de candidatos admitidos e excluídos.