Número de prazas: | 1 |
Tipo de contrato: | Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia). Duración indefinida |
Liña de investigación: | Xestión Térmica de Vehículos Híbridos Eléctricos. |
Xornada: | Tempo completo (37,5 h/semana) |
Data probable de inicio | A partir da resolución da convocatoria deste contrato. Na data que se establezca na mesma. |
Categoría laboral | Investigador modalidade B (Titulación Universitaria Superior) |
Duración do contrato | Indefinida |
Salario bruto mensual | 1.750,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias) |
Lugar de traballo: | Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo |
Referencia | RTC2019-006955-4 |
Contratación de tres persoas con carácter indefinido vinculada á liña de investigación
Traballo a realizar
Participación en tareas experimentais. Deseño de instalacións experimentais, posta a punto, realización de ensaios, tratamento de datos, etc.
Requisitos
- Título de Grao, Máster o equivalente, nunha enxeñería do ámbito industrial, aeroespacial, enerxía e minas ou física
Méritos a valorar
- Experiencia Profesional: Traballo desenvolvido no ámbito da enxeñería industrial/mecánica/electrónica (10 puntos)
- Experiencia Profesional: Traballo desenvolvido no perfil da praza (35 puntos).
- Formación: Grao en Enxeñería Industrial/Mecatrónica/Electrónica (25 puntos).
- Formación: Coñecemento en lingua inglesa, cursos, formación relacionada co posto (15 puntos).
- Entrevista (15 puntos). Só se realizará as persoas que na suma dos méritos obteñan un mínimo de 50 puntos.
Comisión de selección
- Presidente: María Concepción Paz Penín.
- Secretario: José Luis Míguez Tabarés.
- Vogal: Eduardo Suárez Porto.
Documentación
- Solicitude
- Currículum vitae
- Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo . De xeito excepcional para este procedemento, unicamente as persoas estranxeiras extracomunitarias poderán usar medios de identificación electrónicos alternativos, para o
cal deben iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 20 de xaneiro de 2023.
O período de reclamacións será de tres días hábiles despois da publicación da lista provisoria de candidatos admitidos e excluídos.