O investigador Juan Jesús Rico defende a súa tese sobre reducción de emisións en sistemas de combustión de biomasa
| Novas
Reducións nas emisións de materia particulada de ata un 60% son posibles coa introdución dun material poroso inerte.
O pasado 30 de xaneiro, o investigador Juan Jesús Rico Fuentes, defendeu a súa tese “Reduction of emisions in biomass combustion systems” en CINTECX conseguindo o título de doutor. Con este traballo, dirixido por Raquel Pérez Orozco e David Patiño Vilas, ambos los dous investigadores de CINTECX, Rico Fuentes ha contribuido á identificación, caracterización e experimentación sobre novos biocombustibles sólidos, mellora das propiedades da combustión mediante o aditivado dos combustibles, deseño de novos sistemas de captura e retención de Compostos Orgánicos Volátiles e eeseño e validación dun novo sistema de redución de materia particulada baseado nunha cerámica porosa inerte.
Entre os principais achados desta tese destacan as reducións nas emisións de materia particulada de ata un 60% coa introdución do material poroso inerte proposto. Do mesmo xeito, o sistema de captura de Compostos Orgánicos Volátiles deseñado produciu resultados moi prometedores na retención destes compostos, e a súa portabilidade permite o seu uso en instalacións reais e a posterior análise en laboratorio das substancias emitidas.
A través da súa investigación, Juan Jesús Rico demostrou cos combustibles baseados en materia vexetal residual son un importante vector enerxético para a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Un exemplo especialmente exitoso é o do pellet de toxo, que aditivado con carbonato cálcico funciona de xeito moi similar ó pellet comercial.
Os resultados deste traballo teñen grandes aplicacións á industria, como se demostra nos proxectos con financiamento europeo Avienergy e Biomasa-CAP que se levaron a cabo durante a mesma e que supuxeron a posta en práctica de modelos e prototipos en instalacións reais de combustión.
A tese levouse a cabo con financiación das bolsas predoutorais da Universidade de Vigo, e tamén incluiu unha estadía na Otto-von-Guericke Universität Magdeburg, onde se estableceu unha moi boa colaboración científica. .
Neste sitio empréganse cookies para mellorar a experiencia de usuario.
Coa túa navegación, prestas o teu consentimento para recibir as cookies que utiliza o Portal. De acordoMáis info
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these cookies, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may have an effect on your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.