Laura Alonso Martínez e Manuel Alejandro González Fernández reciben o premio extraordinario de doutoramento

O investigadores do grupo XESSMIN adscrito ao CINTECX recibiron o premio pola súas teses: Developing of new methods to forest heritage characterization and management through remote sensing e Stress-strain behaviour analysis of slate and intact and jointed granite lab samplesdeformational and strength parameters, scale effects and tentative models

Nunha sesión extraordinaria, e primeira do ano 2025, o Consello de Goberno da Universidade de Vigo aprobou este venres a relación de persoas distinguidas cos Premios Extraordinarios de Doutoramento do curso 2023/2024. En total, 21 investigadores e investigadoras (13 homes e 8 mulleres) de todos os eidos de coñecemento.

No ámbito das humanidades foron galardoadas tres persoas: Iria Seijas Pérez, Jesús Meiriño Gómez e Antía Iglesias Fernández. No eido das ciencias son seis as e os premiados: Amaro Saco Beiroa, Antía González Pereira, Clara Otero Martínez, Pablo Hernández Lucas, Carlos Rafael Vidal e Manuel Alejandro González Fernández. No campo da enxeñaría os cinco galardóns son para Laura Alonso Martínez, Iván Martínez Estévez, David Candal Ventureira, Manuel Casal Guisande e Brais Barros González. Finalmente, no que atinxe ao eido xurídico-social, os premios son para Evelia Murcia Álvarez, Nuno André Pinto de Sousa, Dolores Fiel Varela, Marta González González, Lucas López Manuel, Hugo Pérez Manuel e Andrés Carrera Hortas.

Na súa premiada tese, a investigadora Laura Alonso Martínez, pertencente a CINTECX, utilizou diferentes combinacións de sensores de teledetección para monitorizar o estado dos montes,  desenvolvendo unha metodoloxía para xerar un mapa de recursos forestais. Esta metodoloxía serve tamén para identificar automaticamente especies arbóreas específicas, podendo avaliar e previr incendios forestais neste tipo de sistemas.

Esta conxunción dos métodos desenvolvidos para a obtención de mapas de recursos forestais contribuirán a informar as decisións sobre especies clave deste tipo de sistemas forestais, xa que os estudos centrados no seguimento dos incendios forestais revelaron que se debe prestar especial atención ás áreas requeimadas á hora de planificar a xestión dos incendios forestais. Ademais, desde o punto de vista operativo, este uso de fontes de datos de acceso aberto suporá que os produtos desenvolvidos poidan implementarse máis facilmente.

Manuel Alejandro González Fernández introduce na súa tese innovacións en probas avanzadas de mecánica de rocas, a súa interpretación e o desenvolvemento de modelos preliminares.O traballo analiza a anisotropía das rocas e os efectos de escala na súa resistencia e deformabilidade, especialmente en pizarras, caracterizadas por unha anisotropía transversa debido á súa foliación. El investigador realizou ensayos no destructivos (velocidad de propagación de ondas) y destructivos (compresión uniaxial y triaxial), obteniendo parámetros mecánicos como el módulo de Young y el coeficiente de Poisson.

Se estudiaron os efectos de escala en rocas duras mediante ensayos triaxiales con modelos recientes (USEL e IUSEL), desafiando a teoría clásica. Ademais, realizou simulacións numéricas co método de elementos discretos (DEM). Estes estudios melloran a comprensión da mecánica de rocas e contribuíron ao deseño máis seguro de escavacións.