O Grupo APET (Tecnoloxía Electrónica de Potencia Aplicada), constituído no ano 2012, conta cunha ampla experiencia en ámbitos como a electrónica de potencia, as enerxías renovables ou a calidade da enerxía, empregando ferramentas de análise, modelado e simulación.

O grupo posúe experiencia en proxectos autonómicos e estatais, con preto de 15 proxectos dirixidos, e unha sólida traxectoria de colaboración con empresas, contribuíndo ao control e optimización dos sistemas eléctricos e electrónicos, favorecendo a implantación das enerxías renovables e da eficiencia enerxética.

O traballo desenvolvido dá apoio a sectores como a minería, a metalurxia, a industria do transporte ou a industria naval. Ademais, este grupo destaca polo seu potencial de crecemento grazas á súa traxectoria investigadora.

Máis información:
https://portalcientifico.uvigo.gal/grupos/17802/detalle

Jesús Doval Gandoy - jdoval@uvigo.gal

Áreas de investigación

Liñas de investigación

  • Sistemas electrónicos de alimentación, respaldo e conversión de enerxía eléctrica.
  • Sistemas electrónicos de potencia para aplicacións de mobilidade e transporte.
  • Accionamentos eléctricos tolerantes a fallos.
  • Sistemas electrónicos de potencia para aplicacións de transporte e distribución de enerxía eléctrica.
  • Convertedores electrónicos formadores de rede (GFM) e convertedores seguidores de rede (GFL).

Tecnoloxías destacables

  • Bancos de ensaio para máquinas eléctricas: catro bancos con freos e máquinas de 3,7 kW, 5 kW e 10 kW, equipados con medición de par e velocidade.
  • Máquinas multifase dispoñibles para ensaio.
  • Máquinas de indución de 5, 6, 9 e 12 fases (configuracións simétricas e asimétricas).
  • Máquinas síncronas de imáns permanentes de 6, 9 e 12 fases.
  • Máquina síncrona de reluctancia magnética.