Xornadas de Portas Abertas Colexio Compañía de María Vigo

Desde o CINTECX buscamos transmitir á sociedade en xeral non só todas as actividades que realizamos, senón tamén que a tecnoloxía nos axuda a lograr unha sociedade industrial e sostible comprometida coa conservación do planeta.

Dentro do marco do programa Divulgando Ciencia Singular realízanse visitas de centos de alumnos colexios e institutos galegos, onde coñecen guiados polo persoal investigador do centro, os diferentes laboratorios e proxectos que están a levar a cabo os nosos grupos, relacionados coa enxeñería industrial e a enxeñería mineira e enerxética. Realízanse actividades visuais e prácticas organizadas polo persoal do noso centro, os estudantes achéganse entre outros ao campo da enxeñería biomédica, aos biomateriais e as súas contribucións para mellorar a calidade de vida da sociedade. Podendo ver de primeira man o uso dos recursos mariños con fins biotecnolóxicos e ambientais e vivir experiencias prácticas sobre temas relacionados coas reaccións de combustión química. Tamén poden realizar probas básicas con mostraxe real sobre o comportamento do macizo rochoso no laboratorio de mecánica de rocas e probar os métodos utilizados para a avaliación de calquera tratamento de conservación do patrimonio cultural como o grafiti.