INFAIMON organiza o próximo 30 de setembro ás 10:00 horas da mañá unha formación en liña gratuíta sobre de Sistemas espectraiss en modalidade In Live.
Nesta formación todas as persoas interesadas aprenderán os conceptos básicos sobre a análise de imaxes espectrais e amosaráselles algunhas das súas aplicacións máis útiles. Tamén coñecerán as últimas novidades do mercado en cámaras, software e solucións verticais.
Convidamos á comunidade CINTECX a apuntarse na seguinte ligazón: Webinar – Visión artificial – Sistemas Hiperespectrais (infaimon.com)