Durante a mañá do día 21 de xullo terá lugar a demostración comercial por parte da empresa Artec 3D dos seus equipos escáneres, “Eva” e “ SpaceSpider”.
O escáner Artec Eva ten unha aparencia similar a unha cámara de vídeo que funciona en 3D, capturando ata 16 imaxes 3D por segundo. As imaxes alíñanse automaticamente en tempo real. Mentres escanea, o/a investigador/a pode ver o que xa gravou e o que require atención adicional.
Por outra banda, o escáner “Space Spider” é un equipo que brinda unha solución metrolóxica portátil 3D de alta precisión baseada en tecnoloxía de luz azul, perfecta para a capturar complexas xeometrías, bordos afiados e delgadas fendas sitúa á nosa tecnoloxía noutro nivel. É un escáner 3D industrial ideal para capturar obxectos tales como as pezas de moldeo, PCBs, chaves, moedas ou inclusive unha orella humana, para logo exportar o modelo 3D final ao software CAD.