Curso de formación escáneres 3D ARTEC EVA e Space Spider

Desde Cintecx convidámosvos a inscribirvos no curso de formación para o manexo dos novos equipos de escáneres adquiridos polo centro. O ARTEC EVA e Space Spider. A formación que será presencial terá lugar o vindeiro martes 19 de outubro de 9:00 a 13:00 horas no auditorio. O límite de participantes será de 20 persoas por orde de inscrición.

Inscricións: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScCKUQJxm6yF-6Bbk-uGiWCVP0xVJYhFEpVKMeVhMqTZE4-7w/viewform?usp=sf_link

O escáner Artec Eva ten unha aparencia similar a unha cámara de vídeo que funciona en 3D, capturando ata 16 imaxes 3D por segundo. As imaxes alíñanse automaticamente en tempo real. Mentres escanea, o/a investigador/a pode ver o que xa gravou e o que require atención adicional.

Por otra banda, o escáner «Space Spider» é un equipo que brinda unha solución metrolóxica portátil 3D de alta precisión baseada en tecnoloxía de luz azul, perfecta para capturar complexas xeometrías, bordos afiados e delgadas fendas sitúando á tecnoloxía noutro nivel. É un escáner 3D industrial ideal para capturar obxectos tales como as pezas de moldeo, PCBs, chaves, moedas ou inclusive unha orella humana, para logo exportar o modelo 3D final ao software CAD.