Charla Novas tecnoloxías del hidróxeno. Proxecto Seafuel

Atopar solucións novas para combater o cambio climático é unha das cuestións máis desafiantes e urxentes [1]. Aínda que a produción de combustibles solares atópase aínda nun nivel baixo de preparación tecnolóxica, é necesario mostrar xa as solucións ás autoridades e ao público en xeral para lograr unha rápida adaptación ás enerxías renovables. Agora que algúns países europeos están a forzar a saída dos combustibles fósiles das súas economías, o hidróxeno vese como unha solución moi prometedora para ofrecer un transporte con cero emisións [2].

Na conferencia, darei unha visión xeral de SEAFUEL, un proxecto de INTERREG Espazo Atlántico con socios en Irlanda, Reino Unido, Portugal e España [3]. SEAFUEL ten como obxectivo utilizar os recursos renovables en todo o Espazo Atlántico para proporcionar enerxía á frota de transporte local e apoiar o cambio cara a unha economía baixa en carbono. O proxecto utilizará a experiencia e a infraestrutura dos socios en materia de enerxía renovable, concretamente a solar, para demostrar a viabilidade do hidróxeno como combustible para ser utilizado polas autoridades locais de transporte. O éxito do proxecto promoverá un sistema de transporte sostible que poderá ser adoptado por outras rexións atlánticas.

Describirei os retos técnicos aos que nos enfrontamos durante a execución do proxecto, e como é importante levar en paralelo os avances técnicos e científicos neste eido para poder cumprir os obxectivos de produción de hidróxeno en Europa. Os retos técnicos inclúen o equipamento integrado para unha estación de reposición de hidróxeno, así como a conversión das furgonetas eléctricas para que funcionen con hidróxeno.

Un reto científico clave que tentamos resolver é a electrólise de auga de baixa calidade para reducir os custos asociados á purificación da auga de alimentación nos actuais electrolizadores PEM e AEM. Estamos a estudar formas de mellorar a selectividade nos electrodos de oxidación de auga e de redución de protóns en presenza de sales.

A conferencia celebrarase en liña.

Inscricións: https://forms.gle/w799iC655jRWrpa69

Dr. Pau Farràs Costa.
National University of Ireland Galway

Referencias.
[1] https://www.un.org/sustainabledevelopment/sustainable-development-goals/
[2] http://hydrogencouncil.com/
[3] http://www.seafuel.eu