CINTECX

Maio 9 @ 00:31

Curso de inglés para persoal CINTECX
Maio 27 @ 12:00 - Xuño 19 @ 14:00

Dende CINTECX informámosvos da realización dun curso de inglés para persoal CINTECX.
A finalidade deste curso é dotar ás persoas participantes das ferramentas necesarias que lle sirvan para mellorar a súa competencia comunicativa en foros científicos internacionais. Abordaranse aspectos prácticos relacionados fundamentalmente coas técnicas precisas para realizar unha boa presentación en inglés en congresos, conferencias, traballos fin de doctorado, etc., e coas habilidades comunicativas necesarias para participar nun debate científico
O curso será presencial, e constará de 8 sesións formativas de 2 horas de duración cada unha, martes e xoves de 12 a 14 horas durante 4 semanas (16 horas en total), nos seguintes días:
- 27 de maio
- 29 de maio
- 3 de xuño
- 5 de xuño
- 10 de xuño
- 12 de xuño
- 17 de xuño
- 19 de xuño
O Contido do curso é o seguinte:
- Como afrontar unha presentación. Pensar no público
- Xestión de soportes para unha presentación. Deseño eficiente de diapositivas, vídeos, audios, etc.
- Técnicas de comunicación verbal
- Técnicas de comunicación non-verbal: os xestos, as posturas, as pausas, etc.
- As partes das comunicación: introducción, desenvolvimiento e conclusións
- Falar dunha táboa, gráfico, imaxe
- O turno de preguntas
- Erros de pronuncia
- Os números
- As estatísticas
- Falar dun proceso
- Os estilos de comunicación científica e académica en inglés
Para acceder ao curso esixirase acreditación de inglés (como mínimo un nivel B1 do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas) obtido nos últimos dous anos. En caso de non ter acreditación de inglés farase unha proba de nivel virtual.
Para poder acudir ao curso é imprescindible anotarse no seguinte enlace antes do día 20: