equipo
 

Prácticas académicas externas


CINTECX subscribiu varios acordos internos coa Universidade de Vigo, para que poidan realizar prácticas externas no noso centro alumnado de titulacións coma as que se imparten na Escola de Enxeñería Industrial, na Escola de Minas e Enerxía, a Facultade de Química, ou o Máster de Biotecnoloxía Avanzada da Facultade de Bioloxía.

As prácticas externas, xa sexan na modalidade de prácticas curriculares ou extracurriculares, constitúen unha actividade de natureza formativa dirixida aos estudantes universitarios e supervisada pola Universidade, co obxectivo principal de completar e aplicar, nun ámbito profesional, competencias e coñecementos adquiridos nos seus estudos. Con iso contribúese á mellora da preparación do alumnado para o exercicio profesional e facilítase a súa incorporación futura ao mercado laboral, ademais constitúe unha formidable ferramenta de captación de talento da propia institución, ao coñecer de primeira man os proxectos de investigación que se desenvolven no centro.

 
 
 

 

Traballos Fin de Grao e Traballos Fin de Máster


 
 

Nas instalacións de CINTECX realízanse tamén multitude de traballos de especialización de todos os niveis académicos universitarios, entre os que se inclúen Traballos Fin de Máster (TFM) e Traballos Fin de Grao (TFG). O persoal investigador do centro, na súa maior parte PDI da Universidade de Vigo, oferta estes traballos académicos formativos dentro dos seus diferentes ámbitos e liñas de investigación.

 

Tanto os traballos académicos, como as prácticas externas constitúen unha porta de entrada de novo talento universitario ao noso centro, polo que convidamos a todos os interesados a consultar as diferentes ofertas de traballos dispoñibles no noso centro para a súa titulación particular, a través da secretaria virtual e o portal da universidade de Vigo.