Dúas investigadoras do CINTECX reciben as prestixiosas bolsas Ramón y Cajal 2023

A investigadora Aida María Díez Sarabia é a galega máis nova en recibir esta bolsa.

Las investigadoras de CINTECX Aida María Díez Sarabia y María Salomé Álvarez Álvarez han sido reconocidas con las ayudas Ramón y Cajal por sus investigaciones en ciencias y tecnologías ambientales, y ciencias y tecnologías químicas, respectivamente, consolidando su futuro en el ámbito de la investigación científica en España.

Estas ayudas fomentan la incorporación de personal investigador destacado, promoviendo su estabilidad en el

As investigadoras do CINTECX Aida María Díez Sarabia e María Salomé Álvarez Álvarez foron galardoadas coas bolsas Ramón y Cajal pola súa investigación en ciencias e tecnoloxías ambientais, e ciencias e tecnoloxías químicas, respectivamente, consolidando o seu futuro no ámbito da investigación científica en España.

Estas axudas fomentan a incorporación de persoal investigador destacado, promovendo a súa estabilidade no Sistema Español de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación.

A nivel autonómico, o caso de Aida Díez Sarabia destaca por ser recoñecida como a investigadora galega máis nova en recibir a bolsa Ramón y Cajal nesta convocatoria, ocupando a novena posición dun total de 45 bolsas concedidas a nivel nacional.

Díez Sarabia, que comezou a súa traxectoria investigadora durante o seu Máster en Enxeñaría Química na Universidade de Vigo, fixo importantes contribucións aos procesos avanzados de oxidación e á división electroquímica da auga para a xeración de hidróxeno verde no grupo BIOSUV do CINTECX, do que é membro desde 2014. “Grazas á bolsa Ramón y Cajal poderei seguir apostando nestas liñas de investigación, co obxectivo de desenvolver catalizadores máis eficientes e sostibles”. A investigadora espera que os seus estudos leven ao desenvolvemento de materiais innovadores que melloren os procesos de eliminación de contaminantes e xeración de hidróxeno, reducindo custos e impacto ambiental. Díez Sarabia destaca a ilusión de achegarse ao seu soño de vivir da súa paixón pola investigación científica grazas a este recoñecemento.

Recentemente apareceu na portada do xornal Faro de Vigo por ser a viguesa máis nova en recibir esta prestixiosa bolsa.